Visores web do Plan Básico Autonómico

Póñense en marcha, dentro da plataforma SIX corporativa, os visores coa información do Plan Básico Autonómico que se somete a información pública.

O Plan Básico Autonómico reflectirá as delimitacións das afeccións derivadas da lexislación sectorial que inciden sobre o territorio e incluirá os instrumentos de ordenación do territorio (plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal).

Para facilitar a consulta da información deste plan ponse en funcionamento un visor con toda a información xeográfica e outro para descargar os documentos en formato PDF.

Máis información na páxina sobre o Plan Básico Autonómico na web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.