A Xunta de Galicia participa xunto co resto de comunidades autónomas no Plan Nacional de Teledetección (PNT), un proxecto integrado dentro do Plan Nacional de Observación del Territorio (PNOT), coa idea de axuntar esforzos, tanto económicos como de xestión, entre as distintas Administracións Públicas para a adquisición de coberturas nacionais de imaxes satelitais.
Dende o visor básico actualmente podemos visualizar a información correspondente á cobertura de Pleiades 2014-2015. Pero xunto a estas dende o IET estamos a almacenar outras moitas coa que esperamos contribuír ao inicio da futura Biblioteca Galega de Imaxes de Satélite. Fundamentalmente as escenas satelitais almacenadas, consultadas e empregadas en cartografías temáticas como a correspondente a usos e coberturas do solo, son as procedentes da constelación Sentinel e as do programa Landsat. Pero xunto a estas dende o IET estamos a recoller outras para a Biblioteca con distintas resolucións espaciais e temporais entre as que se atopan as de SPOT5, Planet ou Deimos.