Este proxecto parte dunha extracción simplificada da realidade que busca un achegamento o parque de vivendas de Galicia para analizar o potencial de mellora que suporía a súa rehabilitación tanto a nivel de dinámica económica como de mellora na calidade de vida para os seus usuarios. Avalíanse aquelas fincas que, segundo a información catastral de Xaneiro de 2016, conteñen uso residencial e foron construídas ou reformadas antes do ano 2006 por considerar que as posteriores a esta data teñen unhas condicións axeitadas.
A realización desta aproximación a nivel de toda Galicia lévanos a necesidade de asumir unha serie de premisas previas. Os traballos realizados ata o de agora nesta liña a nivel nacional partían de datos estatísticos sobre as superficies media de vivenda por provincia e a estimación do número de vivendas. O poder contar cos datos catastrais permítenos a elaboración dun modelo que está moito máis preto da realidade. Así e todo, non hai que esquecer que é unha aproximación e que a única forma de ter datos exactos de cada un dos edificios e facendo un estudo pormenorizado coas condicións construtivas concretas de cada un deles, cuestión que non é do alcance deste proxecto.
Para poder avaliar os resultados obtidos deberá terse en conta as simplificacións e condicionantes previos que xorden das limitacións do modelo (prema aquí)