Recentemente actualizouse a información recollida no visor de Conservación da Natureza as seguintes capas de información:
- Árbores senlleiras, de acordo coa Resolución do 29 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
- Áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, de acordo coa Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
- Zonas de protección da avifauna contra liñas eléctricas de alta tensión, igualmente contempladas na Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
- Parques naturais.
- Zonificación dos parques naturais do Monte Aloia (Decreto 24_20) e do Invernadeiro (Decreto 102_19), e incorporación das novas zonificacións correspondentes ao Complexo dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (Decreto 90_21) e da Serra da Enciña da Lastra (Decreto 101_19).
Enlaces relacionados