Publicado o servicio web da ortofotografía aérea PNOA 2023

Publicado o servicio web coa ortofotografía aérea do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) do ano 2023

Como resultado da colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático a través do Instituto de Estudos do Territorio ( IET) e o Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a través do Instituto Geográfico Nacional (IGN), e dentro do marco do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea de España (PNOA), o IET ven a incorporar unha nova cobertura ortofotográfica correspondente ao ano 2023.

No convenio o IET e o IGN acordaron unha mellora dos produtos nominais previstos:

  • Obtención dunha cobertura de fotografías aéreas cun tamaño de pixel no terreo (GSD) medio de 18 cm. Esta captura supón unha mellora respecto da especificación nominal xenérica da Administración Xeral do Estado PNOA25 (cun GSD medio de 22 cm).
  • Control de calidade do voo fotogramétrico mellorado.
  • Mellora na xeración da ortofotografía, pasando de ortofotografía básica de 25cm/píxel a ortofotografía básica de 15 cm/píxel.
  • Control de calidade das ortofotos xeradas.

Este convenio ven a dar continuidade a anteriores convenios de similar natureza e xa finalizados que produciron os voos de ortofotografía aérea en Galica nos anos 2006, 2008, 2009, 2011, 2014, 2017 e 2020.