Información xeral
As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que a Xunta de Galicia pon a disposición dos usuarios de internet.
A Xunta de Galicia é a titular do subdominio “amtega.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
A Xunta de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.
A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
Propiedade intelectual e industrial
Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
- Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
- O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.
Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.
Privacidade
Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:
Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.
Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.
Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.
Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.
Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.
Protección de datos
O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste Portal estará suxeito ao establecido polo Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos) e demais normativa de aplicación. Os datos achegados polo interesado utilizaranse, con carácter único e exclusivo, para os fins previstos no procedemento ou actuación que se trate. En ningún caso os referidos datos serán obxecto de tratamento ou de cesión a terceiros, se non é co consentimento inequívoco do afectado.
En cumprimento do disposto no citado Regulamento o cedente dos datos poderá, en calquera momento, exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición na forma que regulamentariamente se determine.
As persoas usuarias deste Portal teñen á súa disposición toda a información relativa ao tratamento dos datos persoais levado a cabo pola Xunta de Galicia, incluíndo o modo en que poden exercitar os dereitos, o contacto cos Delegados e Delegadas de protección de datos e demais aspectos segundo os termos esixidos polo Regulamento europeo de protección de datos persoais, na seguinte ligazón: Información sobre protección de datos persoais.
Uso de linguas
O artigo 13 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico e, en particular, os referidos ao uso do galego nas relacións da cidadanía coa Administración pública de Galicia. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.
Lei aplicable e xurisdición
Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.
Política de datos sobre a información xeográfica
En particular para a información xeográfica xerada pola Xunta de Galicia, sen prexuízo das condicións xerais indicadas para a Reutilización da Información do Sector Público, e do disposto no marco normativo legal sobre a Propiedade Intelectual en España, a Xunta de Galicia ostenta a propiedade intelectual e todos os dereitos sobre a información xeográfica xerada polo Instituto de Estudos do Territorio ou por outros organismos e departamentos da Xunta de Galicia e sobre os servizos propios que utilicen esa información xeográfica e sexan prestados pola Administración Autonómica.
En razón diso, e da política de datos determinada pola Xunta de Galicia, establecida no Decreto 14/2017 e especificada no Plan Galego Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica, o uso da información dos produtos e servizos de datos xeográficos definidos nela, así como os seus derivados, conleva a aceptación implícita polo usuario das condicións xerais da devandita orde, concretada nunha licenza de uso compatible con CC- BY 4.0 INT.
Normas de uso das Redes Sociais
As redes sociais do Instituto de Estudos do Territorio están destinadas a dar información aos usuarios e divulgar os contidos relacionados coa institución. Pódese consultar sen necesidade de rexistro. Agradecemos os comentarios e achegas que os usuarios desexen realizar utilizando sempre unha linguaxe correcta e educada e respectando a privacidade dos demais.
O equipo de comunicación resérvase o dereito para retirar ou non contestar os comentarios que conteñan os seguintes elementos:
- Expresións ofensivas ou ligazóns a páxinas con contido ofensivo. Tampouco permanecerán publicados ligazóns ou referencias a sitios ilegais, de contido violento, sexual, racista ou discriminatorio.
- Insultos, descualificacións e comentarios ofensivos cara a outros usuarios da comunidade, e alusións nestes termos cara ao noso servizo, Institución ou equipo humano.
- SPAM, mensaxes de publicidade ou material promocional.
- Contidos suxeitos a dereitos de autor.
- Datos persoais alleos ao autor do comentario.
- Reiteracións, comentarios repetidos ou que non sexan coherentes co tema proposto
Os comentarios publicados polos seguidores nas redes sociais do Instituto de Estudos do Territorio corresponden exclusivamente aos seus autores e son responsabilidade dos mesmos.
En calquera momento, o IET, poderá requirir a retirada dun comentario sen necesidade de alegar causa algunha se considera que puidese estar a violar os seus principios básicos e dereitos.
Cesión de imaxes recibidas nas Redes Sociais
Os autores das fotografías e imaxes enviadas a calquera das Redes Sociais propiedade do Instituto de Estudos do Territorio(en diante, IET) deben ter coñecemento de que:
- Ao enviar estas fotografías cederán ao IET os dereitos de explotación e prestarán a súa autorización para que o IET poida publicalas en calquera das súas canles.
- O IET comprométese sempre a citar a fonte das fotografías enviadas por outros usuarios, indicando a súa autoría e a mención do autor.
- O usuario desvincúlase totalmente de Facebook, Twitter e Instagram e é consciente de que está a proporcionar a súa información ao Instituto de Estudos do Territorio.
- Os datos persoais trataranse mantendo a máis estrita confidencialidade, adoptándose as medidas de seguridade esixibles para o seu tratamento, e en ningún caso serán cedidos a terceiros, sendo de aplicación a normativa existente:
- Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e a libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento Xeral de Protección de Datos, RXPD).
- Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoales e garantía dos dereitos dixitais ( LOPDGDD).
- Real Decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, modificado polo Real Decreto 951/2015, do 23 de outubro ( ENS).
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas ( LPAC).
- Lei 40/2015, de 1 de outubro, do Réxime Xurídico do Sector Público ( LRJSP).
- Decreto 230/2008, do 18 de setembro, polo que se establecen as normas de Boas Prácticas na utilización dos sistemas de información da Administración da Comunidade Autonómica de Galicia ( DBP).
- Política de seguridade da información da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobada o 25 de xuño de 2015 polo Consello da Xunta de Galicia, modificada mediante resolución do 4 de maio de 2018.