Comparador de imaxes
Pulsando neste botón, abrirase unha nova xanela na que se poderán comparar, por diferentes métodos, dúas imaxes elixidas nunha lista.
Localizador
O visor dispón de diferentes tipos de localizadores: un xeolocalizador, que aparece a esquerda na xanela de mapa (marcado en verde), ao pulsar sobre el despregarase para introducir o texto para buscar, no cal se poden buscar poboacións ou direccións, e outro (marcado en amarelo) que se compón de tres localizadores:
- Un buscador encadeado no que se poden atopar as unidades territoriais e poboacións.
- Un localizador para buscar parcelas catastrais introducindo o código de 14 díxitos correspondente.
- Un localizador de coordenadas no que se pode buscar en dous sistemas:
- Coordenadas UTM29 ETRS89, introducindo a X e a Y separadas por coma (X, E), no caso de que teñan decimais, a separación destes deberá ser punto (x.xx, y.yy).
- Coordenadas GPS xeográficas ETRS89, introducindo as coordenadas GPS en decimais separados por punto (-8.37872, 43.08188). Cantos máis decimais conteña, máis precisa será a localización.
Para seleccionar o tipo de busca debe pulsar no título correspondente e despregarase o buscador seleccionado.
Ferramentas de medición
O visor dispón de dúas ferramentas de medición: unha de medición de distancias e outra de medición de áreas. Pulse no botón da ferramenta de medidas correspondente antes de iniciar unha medición.
As dúas ferramentas dispoñen de varias unidades de medida que se poden seleccionar mediante o despregable da dereita.
Para definir os puntos da liña ao medir distancias, ou do polígono ao medir áreas, debe facer un único clic sobre o mapa. Para finalizar a medición hai que facer dobre clic sobre o mapa.
Mentres as ferramentas de medición estean activas, a ferramenta de identificación queda desactivada por motivos de usabilidade.
Engadir capas SIX
O visor dispón da posibilidade de engadir servizos web ou arquivos SIX mediante a introdución dunha url, ou ben soltar sobre o mapa ou buscar un arquivo SIX almacenado no dispositivo do usuario.
As posibilidades son as seguintes:
- Para conectarse a un servizo web deberá seleccionar o tipo de servizo e introducir a URL dun servizo WMS (OGC), dun servizo Rest (Esri) ou dun arquivo KML e pulsar na lupa para buscar o servizo. Esta ferramenta dispón dunha característica que axuda ao usuario para completar o texto que escribe, dentro dunha listaxe de servizos predefinida e tamén os últimos introducidos válidos. Se o servizo é válido, o sistema listará as capas dispoñibles nese servizo, que poderá engadir ao mapa.
- Tamén pode engadir, pulsando en Arquivo>Examinar, diferentes tipos de arquivos SIX:
- Un Shapefile (.zip, arquivo ZIP que contén todos os arquivos shapefile).
- Un arquivo CSV (.csv, con dirección ou coordenadas (X, Y ou LONXITUDE, LATITUDE) e delimitados por comas, puntos ou tabuladores).
- Un arquivo KML (.kml) de 10.485.760 bytes como máximo.
- Un arquivo GPX (.gpx, formato de intercambio GPS).
- Tamén pode soltar sobre o mapa ficheiros CSV.
- Permítese un máximo de 4.000 entidades gráficas.
Unha vez despregada a listaxe de capas do servizo, poderá agregar ou quitar as capas no mapa ou manexar a transparencia destas. Tamén poderá replegar a listaxe do servizo pulsando na cabeceira ou titulo deste (marcado en verde), poderá obter a información sobre as capas visualizadas pulsando nun punto do mapa que abrirá unha xanela coa información das capas dese servizo e das demais capas do mapa. Ademais, poderá eliminar o servizo completamente (todas as capas) tanto na listaxe de novos servizos, como no mapa e na lenda (cor vermella).
Compartir
A ferramenta de compartir permítelle, se así o desexa, dar a coñecer o Visor de Información Xeográfica da Xunta. Pode facelo mediante Facebook, Twitter e paisaxesdegalicia [at] xunta.gal (correo electrónico.)
Localizador de praias
O visor dispón dun buscador de praias, que se compón de dous localizadores:
- Un buscador encadeado, seleccionando a provincia, o concello e a praia, presionando na lupa, a ferramenta localiza a praia e mostra información sobre as mareas que afectan a esa zona.
- Un buscador polo nome da praia, no que se pode poñer un texto e a ferramenta lista todas as praias que conteñen ese texto. Pulsando nun elemento da listaxe, mostrarase a localización da praia.