Preguntas frecuentes

Ten dispoñibles para consulta 13 preguntas frecuentes:

Web Coverage Service (WCS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición dos servizos que permite compartir datos raster na web. Este servizo devolve datos nun formato que se pode empregar como datos para análise e modelado.

O Proxecto Toponimia de Galicia pretende recoller toda a toponimia galega, tanto a referida a entidades de poboación como xeográficas (nomes de terras, fontes, regueiros, areais...). Este proxecto ponnos ao alcance un buscador que permite localizar topónimos sobre unha fotografía aérea ou a través dun formulario para buscas máis avanzadas.

Web Feature Service (WFS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición do servizo de entidades vectoriais que proporciona a información xeográfica relativa á entidade almacenada nunha capa vectorial (cobertura) que reúne as características formuladas nunha consulta específica.

A través deste xeoportal, pódese acceder a un Visualizador de mapas, onde poderemos ver un gran número de capas cartográficas, así como incluír outra información en forma de servizos web que proveña doutros organismos. Tamén podemos obter un mapa en formato PDF das capas que esteamos visualizando ou realizar consultas espaciais, consultas alfanuméricas, exportación a formatos vectoriais, e un gran número de operacións.

Web Catalogue Service (CSW) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición do servizo buscador de información xeográfica a través dos metadatos que a definen.

Para buscar a información xeográfica dispoñible sobre o territorio galego, a IDE de Galicia dispón dun XeoCatálogo no que se pode localizar calquera tipo de dato xeográfico coas súas características, propiedades e formas de uso.

Servizo buscador de Información Xeográfica a través dos metadatos que a definen: Catálogo de metadatos.

Open Geospatial Consortium (OGC) é un consorcio internacional de compañías, organismos gubernamentais e universidades que participan nun proceso de consenso para desenvolver especificacións ou estándares para a Información Xeográfica.

Web Map Service (WMS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición dos servizos de visualización de mapas na web. Produce mapas en formato imaxe (PNG, GIF ou JPEG) á demanda para ser visualizados por un navegador web ou nun cliente simple.

Unha IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) é un sistema informático integrado por un conxunto de datos e servizos (descritos a través dos seus metadatos) que son xestionados a través de Internet, conforme a estándares que regulan e garanten a interoperabilidade dos seus datos e a acordos políticos que permiten que un/a usuario/a, por medio dun simple navegador, poida atopar, visualizar, acceder e combinar a Información Xeográfica segundo as súas necesidades.

Se queremos un mapa dixital en formato físico (copia fotográfica, ploteado) ou en soporte dixital (CD, DVD, ou dispositivo de memoria) pódense consultar os produtos dispoñibles na Sección de Mapas e para realizar o pedido, dispoñemos de tres opcións:

  • Compra nas oficinas do IET: Rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 542 670. Horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • Solicitude por correo electrónico: cartografia-iet.cmati@xunta.gal

En determinados casos (series cartográficas en PDF, ficheiros LiDAR, etc.) pódese acceder ao Centro de Descargas para obter estes ficheiros.

Se desexamos unha fotografía aérea en formato físico (copia fotográfica, ploteado ou fotocopia) ou en soporte dixital (CD, DVD, ou dispositivo de memoria), pódense consultar os produtos existentes na sección de mapas desta web, e para realizar o pedido, dispoñemos de tres opcións:

  • Descarga desde a Fototeca de Galicia ou no propio visor de descargas.
  • Compra nas oficinas do IET: Rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 542 670. Horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • Solicitude por correo electrónico: cartografia-iet.cmati@xunta.gal

Se só precisamos visualizar unha zona do territorio desde o aire, o Visualizador de mapas dispón de varias coberturas de fotografías aéreas en forma de ortofotos en diferentes datas.

Se queremos unha capa SIX en soporte dixital (CD, DVD, ou dispositivo de memoria), pódense consultar os produtos dispoñibles na sección de Mapas e para realizar o pedido, dispoñemos de tres opcións:

  • Compra nas oficinas do IET: Rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono: 981 542 670. Horario de 9:00 a 14:00 horas.
  • Solicitude por correo electrónico: cartografia-iet.cmati@xunta.gal

Se queremos consumir a información xeográfica accedendo a un servizo web, disponse dun Directorio de Servizos que ofrece todos os servizos de acceso á información xeográfica de Galicia, utilizando os estándares tecnolóxicos do momento.

Os servizos de visualización de mapas baseados no estándar WMS poden cargarse desde aplicacións clientes lixeiras sobre o navegador de Internet ou programas de manexo de datos SIX (que requiren unha previa instalación de software, como ArcMap, Geomedia, uDig, gvSIG ou Qgis).

Tamén é posible visualizar estes servizos sobre o visor básico cargando a URL do servizo desde a icona de "Novos Servizos SIX". As URL dos servizos WMS non son hiperenligazóns de acceso directo, senón cadeas de texto que se deben copiar e pegar no apartado correspondente do programa cliente que manexemos.