Glosario

  • API (Application Programming Interface)
    É o conxunto de funcións e procedementos (ou métodos, na programación orientada a obxectos) que ofrece certa biblioteca para ser utilizado por outro software.
  • CSG (Consello Superior Xeográfico)
    Órgano colexiado da administración xeral do estado encargado da coordinación da información xeográfica en España.
  • DOUE
    Diario Oficial da Unión Europea.
  • DT (Drafting Teams)
    Equipos de redacción para as normas de execución de INSPIRE.
  • Especificación
    É unha descrición técnica, detallada e exhaustiva dun produto ou servizo, que contén toda a información necesaria para a súa produción. Algunhas especificacións poden ser adoptadas como normas ou como estándares.
  • Estándar
    É un documento ou práctica que, sen ser norma, está consagrado e aceptado polo uso e cumpre unha función similar á dunha norma. Inclúe os documentos de tipo normativo que non foron definidos por un organismo oficial de normalización. En ocasións chámaselles normas de facto ou normas de feito. Un exemplo son os formatos DGN, shape...
  • FGDC (Federal  Geographic Data  Committee)
    Axencia que promove o desenvolvemento coordinado, uso, e distribución dos datos xeoespaciais en EEUU.
  • IDEE
    Infraestrutura de Datos Espaciais de España.
  • IDEG
    Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia.
  • HTML (HyperText Markup Language)
    É a linguaxe de marcado predominante para a elaboración de páxinas web.
  • IR (Implementing Rules)
    Normas de execución de INSPIRE.
  • JRC (Joint Research Centre)
    Centro de investigación da Unión Europea; entre outros, dirixe os traballos relacionados coa directiva INSPIRE.
  • LMO (Legate Madate Organization)
    Organismos que teñen o mandato legal en asuntos de información xeográfica.
  • Metadato
    Dato que define e describe outros datos. Existen diferentes tipos de metadatos segundo a súa aplicación.
  • NEM (Nucleo Español de Metadatos)
    Recomendación do grupo de traballo de IDÉEA para metadatos de información xeográfica.
  • NEMS (Nucleo Español de Metadatos de Servizo)
    Recomendación do grupo de traballo de IDÉEA para metadatos de servizo.
  • Norma
    É todo documento que harmoniza aspectos técnicos dun produto, servizo ou compoñente, definido como tal por algún organismo oficial de normalización, como son ISO, CEN ou AENOR. En ocasións chámaselles normas de xure ou normas de dereito.
  • OGC (Open Geospatial Consortium)
    Organización internacional que ten o obxectivo de desenvolver estándares publicamente dispoñibles dentro do campo da información xeográfica.
  • OSGeo (Open source Geospatial Foundation)
    Organización non gobernamental cuxa misión é dar soporte e promover o desenvolvemento colaborativo de tecnoloxías xeoespaciais e datos abertos.
  • QoS (Quality of Services)
    Requirimentos de calidade de servizo.
  • Recomendación
    É unha directriz que promove un organismo que tenta harmonizar prácticas e usos nunha comunidade determinada, normalmente baseándose nun consenso previo. O seu maior ou menor éxito depende da influencia que é capaz de exercer o organismo que a propón.
  • SDIC (Spatial Data Interest Community)
    Grupos de interese en datos espaciais.
  • SOA (Services Oriented Architecture)
    Concepto de arquitectura de software que define a utilización de servizos para dar soporte aos requisitos do negocio.
  • SOAP (Simple Object Access Protocol, ou Protocolo Simple de Acceso a Obxectos)
    Trátase dun protocolo para intercambiar mensaxes, baseado en XML, e de estendido uso en Servizos Web.
  • UDDI (Universal Description Discovery and Integration)
    Este protocolo permite a publicación e localización dos servizos. Os directorios UDDI actúan como unha guía telefónica de web services.
  • UML (Unified Modeling Language)
  • Linguaxe de modelado de sistemas de software.
  • W3C (World Wide Web Consortium)
    Consorcio internacional que produce recomendacións para a World Wide Web.
  • WSDL (Web Services Definition Service)
    Protocolo que se encarga de describir un web service cando é publicado.
  • XML (extensible Markup Language)
    É unha metalinguaxe extensible de etiquetas desenvolto polo W3 C.