Estas normas están destinadas a facilitar a definición, clasificación e produción dos obxectos xeográficos correspondentes a cada un dos temas nos que se pode dividir a información xeográfica.
Están compostas por unha información técnica que comprende:
- Un marco común de identificación única dos obxectos xeográficos, a efectos de garantir a interoperabilidade entre eles.
- A relación entre obxectos xeográficos dentro do mesmo tema e co resto de información xeográfica.
- Os principais atributos e os correspondentes dicionarios e tesauros para a descrición clara dos datos xeográficos.
- A dimensión temporal dos datos.
- A metodoloxía de produción e actualización dos datos.
Segundo o artigo 17 do Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, a cartografía oficial realizada pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e polas entidades instrumentais do sector público autonómico, ou baixo a súa dirección e control, deberá suxeitarse ás normas técnicas de produción de cartografía de Galicia, sen prexuízo da necesaria observancia das restantes normas aplicables, conforme ao indicado no artigo anterior.
Os criterios orientativos para a elaboración das normas técnicas de produción da cartografía oficial de Galicia, tendo en cuenta a necesaria harmonización e homoxeneización cos criterios de produción cartográfica establecidos polos órganos competentes da Administración General del Estado e os organismos cartográficos nacionais e organizacións internacionais, están fixados no Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica.
Normas técnicas en vigor:
- Especificacións de produto da Base Topográfica Urbana de Galicia (BTUG) v1.02 (versión en castelán)
- Especificacións de produto da Base Topográfica de Galicia (BTG) v1.1
- Especificacións de produto da Base Cartográfica de Infraestruturas e Servizos de Telecomunicacións
- Normas técnicas de Planeamiento