A Xunta de Galicia, consciente da natureza estratéxica que posúe a información xeográfica, dá un paso máis para crear os medios necesarios que permitan localizar, avaliar e poñer a disposición da cidadanía a totalidade dos datos territoriais dispoñibles nos diferentes niveis da administración. Sirva este andar para seguir na liña de transparencia e libre acceso á información do territorio galego a través das novas tecnoloxías.
Estes son os principais visores de información xeral, pero podes consultar o resto de visores desde a sección Información sectorial.