Publicado o visor da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración ecolóxicas

Posta en marcha do visor de mapas da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración ecolóxicas

O visor da Estratexia Galega de Infraestrutura Verde e da Conectividade e Restauración ecolóxicas amosa no mapa de Galicia a rede de espazos naturais e seminaturais creados e planificados estratexicamente para ofrecer unha ampla gama de servizos ecosistémicos. Esta estratexia, trata en definitiva de levar a cabo unha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental para asegurar a provisión de servizos de regulación (biodiversidade, adaptación e mitigación do cambio climático, fertilidade do solo, regulación hídrica, calidade do aire, control de inundacións e erosión, etc.), servizos de abastecemento (produción e seguridade alimentaria, abastecemento de auga e enerxía, etc.) e servizos culturais (ocio, benestar, saúde, paisaxe, etc.).