Directorio de servizos web

A información contida na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia xestiónase de forma integrada e proporciona ás persoas usuarias o acceso, polo menos, aos seguintes servizos:

  • Servizos de localización que posibiliten a busca de conxuntos de datos xeográficos e servizos relacionados con eles, partindo do contido dos metadatos correspondentes, e que mostren o seu contido.
  • Servizos de visualización que permitan, como mínimo, mostrar, navegar, achegarse ou afastarse para concretar ou ampliar o campo de visión, moverse ou superpoñer os datos xeográficos, así como mostrar os signos convencionais e, opcionalmente, consultar os atributos dos datos xeográficos; deberá ser posible acceder a estes servizos de visualización directamente desde servizos de localización.
  • Servizos de descarga que permitan xerar copias de datos xeográficos, ou partes deles e, cando sexa posible, acceder directamente ao seu contido para construír servizos de valor engadido ou integralos na lóxica de aplicacións de usuario.
  • Servizos de transformación que permitan transformar os datos xeográficos para conseguir a súa interoperabilidade.
Directorio do catálogo
Sistema de Ocupación do Solo de Galicia (2011)
Visualización
REST
Instituto de Estudos do Territorio

Servizo que permite a visualización da información da cartografía dos Sistema de Ocupación do Solo de Galicia do ano 2011.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Sistema de Ocupación do Solo de Galicia (2014)
Visualización
WMS
Instituto de Estudos do Territorio

Servizo que permite a visualización da información da cartografía do Sistema de Ocupación do Solo de Galicia do ano 2014.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Usos e coberturas do solo de Galicia do ano 2003
Visualización
WMS
Instituto de Estudos do Territorio

Servizo que permite a visualización da información da cuberta física e biolóxica da superficie da terra, incluídas as superficies artificiais, as zonas agrarias, os bosques, as zonas naturais ou seminaturais, as brañas e as láminas de auga.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Sistema de Ocupación do Solo de Galicia (2014)
Visualización
REST
Instituto de Estudos do Territorio

Servizo que permite a visualización da información da cartografía do Sistema de Ocupación do Solo de Galicia do ano 2014.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Usos e coberturas do solo de Galicia do ano 2003
Visualización
REST
Instituto de Estudos do Territorio

Servizo que permite a visualización da información da cuberta física e biolóxica da superficie da terra, incluídas as superficies artificiais, as zonas agrarias, os bosques, as zonas naturais ou seminaturais, as brañas e as láminas de auga.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Xestión de Cortas Públicas
Visualización
REST
Consellería do Medio Rural

Servizo que permite a visualización da información relativa ás poxas públicas de madeira que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal allea nos montes que está a xestionar.

Tipoloxía de datos (INSPIRE)
Zonas suxeitas a ordenación, a restricións ou regulamentacións e unidades de notificación