Iniciativas e outros nodos de Galicia

Ademais dos  nodos IDE, existen outras maneiras de acceder á información xeográfica mediante diferentes ferramentas web que permiten aos usuarios a visualización, consulta e descarga de datos  cartográficos.

Listaxe doutras iniciativas
Nodo IDE Deputación de Ourense

Neste novo portal da Deputación de Ourense aparecen recollidos o visor, as fichas e os distintos servizos que compoñen o inventario de infraestruturas e equipamentos locais que ten como obxectivo coñecer periodicamente a situación e o nivel de dotación existente na provincia.

Nodo IDE Deputación de A Coruña (ideAC)

O nodo ideAC, definido, identificado e clasificado dentro da rede IDEE segundo os datos contidos na táboa incluída nesta páxina, cumpre cos requisitos necesarios para estar integrado na rede global de IDE (GSDI).

Actualmente, na súa primeira fase de implantación, consta dos seguintes servizos:

  • Intégrase un servidor de impresión, que ofrece a posibilidade de imprimir dun xeito práctico e agradable, a un arquivo dixital en formato pdf, os mapas visualizados, tanto nos seus formatos estáticos como dinámicos.
  • O conxunto da aplicación web EIEL está construído como un cliente do nodo ideAC, polo que as tarefas de busca e visualización da información poden realizarse directamente desde as distintas seccións desta web, mentres que o acceso ós datos debe realizarse desde as URLs indicadas nos parágrafos anteriores.
Nodo IDE Deputación de Pontevedra (IDEPo)

Con este xeoportal ponse á disposición do resto de administracións, empresas e cidadanía, a IDE temática da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia de Pontevedra.

A través deste medio poderase visualizar a información xeográfica e alfanumérica asociada á EIEL, descargala en diferentes formatos ou obter resumes de información por concello.

Nodo IDE Deputación de Lugo (IDEAL)

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense ofrece información xeorreferenciada da provincia de Lugo a partir dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais de acordo a unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.

Nesta páxina web pódese descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo desde o ano 1995 ata o 2011. Tamén se poderá acceder aos servizos Web Map Service e Web Feature Service que ofrecen a información da EIEL (abastecementos, saneamentos, infraestruturas viarias...).