Actualización dos visores para o seu uso en dispositivos móbiles

Adáptanse os visores "Básico" e de "Descargas" para o seu uso en dispositivos móbiles.

Desde hoxe o visor básico e o visor de descargas están dispoñibles para usar en dispositivos móbiles (Android, iOS...).

Esta adaptación irase realizando tamén, no sucesivo, para o resto dos visores co fin de facilitar o seu uso.