Consulta no visor de Augas de Galicia a información xeográfica da fase de consulta pública do novo Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027

O proceso de participación pública estará aberto ata o 30 de outubro.

O DOG do 30 de abril de 2021 publicou o inicio do proceso de participación que permite a presentación de suxestións e achegas durante os vindeiros 6 meses, ata o 30 de outubro, da Proposta de proxecto de plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027 e do Estudo ambiental estratéxico da proposta de proxecto de plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa ciclo 2021-2027. Toda a información relativa a este proxecto de plan pode consultarse na páxina web de Augas de Galicia, nesta ligazón, mentres que a información espacial asociada tamén está dispoñible para a súa consulta e descarga na Infraestrutura de Datos Espaciais de Augas de Galicia.