O Plan galego de cartografía e información xeográfica ten por obxecto a determinación dos obxectivos e a coordinación das actividades cartográficas, a constitución e mellora permanente da Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG) e o aproveitamento e a coordinación desta información coas políticas públicas sectoriais con proxección territorial.
A elaboración deste plan comezou co acordo de inicio do Consello da Xunta de Galicia. Despois de ser redactada unha proposta inicial pola Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, esta foi trasladada nun periodo de consulta ás distintas administracións públicas que puidesen resultar afectadas. Unha vez incorporadas as suxestións achegadas, tal e como se recolle no artigo 14 do Decreto 14/2017, do 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, sométese a exposición pública o texto recollido nos documentos descargables contidos neste arquivo: