Incorpórase o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo ao portal do sistema de información de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia

Na última actualización da web foron incorporados o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cerdedo.

Na última actualización da web do Siotuga foron incorporados o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo, segundo Orde do 14 de novembro de 2014, e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Cerdedo, segundo Orde de 23 de setembro de 2014.

Para maior comodidade dos usuarios nesta publicación aumentouse a resolución dos arquivos e no formato pdf é posible a busca textual.