Novo mapa de relevo de Galicia

O novo Mapa Autonómico de Galicia edítase a partir da base cartográfica dixital a pequena escala elaborada polo IGN e a achega dos datos xeográficos do IET para a súa actualización.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do Instituto de Estudos do Territorio pon á venda o novo Mapa Autonómico de Galicia elaborado no marco do convenio de colaboración e cooperación entre a administración xeral da comunidade autónoma de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Instituto de Estudos do Territorio, e o Ministerio de Fomento, a través do Instituto Geográfico Nacional, para a produción, actualización e intercambio de información xeográfica. Entre as accións a desenvolver neste acordo figura a coedición do Mapa Autonómico de Galicia a partir da base cartográfica dixital a pequena escala elaborada polo IGN e a achega dos datos xeográficos do IET para a súa actualización.

Esta nova versión actualizada do Mapa Autonómico está previsto que poida publicarse nas súas posibles alternativas: dixital, impreso e en relevo. O primeiro produto dispoñible e que xa está á venda é o mapa en relevo, impreso sobre unha lámina de PVC termomodelada con tintas hipsométricas e sombreado para dar ao mapa un maior realce. Está elaborado a escala 1:250.000 e cunhas dimensións de 93 x 109 cm.

O pasado 12 de marzo de 2015 publicouse a orde que establece o prezo de 32 euros (IVE incluído) para a venda do Mapa de Galicia en relevo. Pódese conseguir nas oficinas do Instituto de Estudos do Territorio (Rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela), no teléfono: 981 542 670 ou por correo electrónico: cartografia-iet.cmati [at] xunta.es (cartografia-iet[dot]cmati[at]xunta[dot]es).

Para adquirir o mapa dende fóra de Galicia, pódese atopar na tenda virtual do IGN

 
Galería de imaxes
Mapa do relevo de Galicia