Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira

Visor desenvolvido por parte do IET en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica, que vén a complementar a nova plataforma electrónica de Poxas Públicas de Madeira, posibilitando aos madeiristas poder dirixirse aos lotes de madeira a través dos seus teléfonos móbiles e tabletas.

O pasado 18 de xuño veuse a presentar por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) a nova Plataforma Electrónica de Poxas Públicas de Madeira.

Esta plataforma facilita a tramitación electrónica das poxas públicas de madeira que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal allea nos montes que está a xestionar. Trátase dun servizo electrónico de poxas que permite:

  • Consultar, a través dun visor web cartográfico, os lotes de alleamento, e obter información das súas características. Ademais presenta novidosas funcionalidades, desde facer buscas por múltiples campos, zooms, consultas, exportar en formato pdf os planos, ou incluso descargar os límites dos lotes en dispositivos móbiles, para, desde eles, ser conducidos fisicamente até as superficies arboradas que son obxecto das poxas públicas.
  • Presentar as ofertas económicas mediante o procedemento “MR612A - Procedemento de alleamento de aproveitamento madeireiro” situado na Sede electrónica da Xunta de Galicia.
  • Asemade, desde dito procedemento poderase acceder a un portal web para que os madeiristas poidan consultar os datos dos lotes onde presentaron ofertas, e daqueles nos que sexa adxudicatario poderán obter información en tempo real do estado de tramitación e características básicas do seu expediente; prazos de execución, importes de fianza definitiva, IVE aplicable...

Pódese acceder ao visor a través da seguinte ligazón.

Ou facer uso dos datos a través de:

 
Galería de imaxes
Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira
Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira
Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira