Ortofotografía aérea do PNOA 2017

Inclúese no visor de descargas unha nova cobertura de ortofoto do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA), correspondente ao ano 2017.

PNOA é un proxecto colaborativo no que participan as comunidades autónomas e a Administración xeral do Estado para obter ortofotos de toda España a unha resolución de entre 25 e 50 centímetros. A nova capa incorporada ao PNOA para a nosa comunidade correspóndese coas imaxes tomadas no ano 2017 coa máxima resolución contemplada. Deste xeito, a ortofotografía do ano 2017 súmase ás xa dispoñibles, de 1956-57, 2002-2003, 2004-2007, 2008-2009, 2010-2011 e 2014. Isto permite ter unha ampla evolución e detalle de todo o territorio dispoñible, polo que as ortofotos poden ser usadas directamente xunto con outra información como a cartografía e a información catastral ou urbanística.

Estas ortofotografías xa se atopan dispoñibles para a súa visualización dende os principais visores da Xunta e para a súa descarga

A calidade, cobertura, gratuidade do seu uso e oficialidade fan que os servizos obtidos a partir dos produtos PNOA sexan utilizados como cartografía de fondo en innumerables visores públicos e privados. Con esta finalidade, foron creados os seguintes servizos REST e WMTS:
Servizo REST
Servizo WMTS

 
Galería de imaxes
Desarrollo en el sur de Lugo. Ortofotografía del PNOA 2017