Esta iniciativa xorde da profunda convicción, por parte da Xunta de Galicia e da Universidade da necesidade de contar cos cidadáns nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio. Froito desta crenza e das posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, nace este portal no que, nesta etapa do proceso de elaboración do Atlas, calquera persoa poderá contribuír ao deseño das Directrices de Paisaxe, aportando os seus obxectivos de calidade paisaxística, así como a súa valoración da paisaxe e das posibles medidas de protección, xestión e ordenación da mesma.
O portal e acceso á plataforma de participación pública está empregándose no desenvolvemento dos obradoiros, pero tamén pode ser empregado por calquera persoa dende calquera lugar e en calquera momento poderá aportar a súa opinión e o seu coñecemento para o deseño das directrices da paisaxe galega. Pódese ter máis información do proceso de participación pública da elaboración das directrices na web do Instituto de Estudos do Territorio.