O Instituto de Estudos do Territorio pon a disposición as ortofotografías realizadas nos anos 2018 e 2019 pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a elaboración dos Plans Básicos Municipais en diferentes servizos web:
- Servizo web de Mapas (WMS):
- Servizo de teselas de Mapas Web (WMTS):
- Servizo Rest de ArcGis (REST):
As ortofotos do ano 2018 son as correspondentes aos concellos de: O Páramo, Triacastela, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Padrenda, Cartelle, Porqueira e San Xoán de Río.
As do ano 2019 son as correspondentes aos concellos de Monfero, Dumbría, Alfoz, Abadín, Guntín, Pantón, Piñor, San Cristovo de Cea, Beariz, San Amaro, Punxín, Melón, Lobeira, Baltar, Baños de Molgas, Larouco, Montederramo, Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, A Mezquita e Dozón.
Os servizos web poden ser usados directamente por distintos visores xeográficos que dispoñan da opción de incorporalos ou mediante ferramentas informáticas de Sistemas de Información Xeográfica que permite este acceso á información remota.
Os servizos web poden ser incorporados para a súa visualización dende o servizo do visor básico mediante a ferramenta de novas capas SIX.