Publícanse novos servizos web de mapas de pendentes dos anos 2009-2010 e 2015-2016

Incorpórase na plataforma SIX Corporativa os servizos web de mapas de pendentes.

O Instituto de Estudos do Territorio pon a disposición novos mapas de pendentes dos anos 2009-2010 e 2015-2016 en diferentes servizos web:

Pendentes_Mdt1_PNOA09_10

Pendentes_Mdt1_PNOA15_16

Os mapas de pendentes foron xerados a partir dos Modelos Dixitais do Terreo dun metro para os que se empregaron os datos LIDAR (Laser Imaging Detection and Ranging) capturados nos programas PNOA (Plan Nacional de Ortofotografía Aérea) dos anos 2009-2010 e dos anos 2015-2016.

Os servizos web poden ser usados directamente por distintos visores xeográficos que dispoñan da opción de incorporalos ou mediante ferramentas informáticas de Sistemas de Información Xeográfica que permite este acceso á información remota.

Os servizos web poden ser incorporados para a súa visualización desde o servizo do visor básico mediante a ferramenta de novas capas SIX.

Galería de imaxes