Na última actualización do portal do sistema de informacion de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia incorporáronse:
- O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, segundo Orde do 16 de decembro de 2013, e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xunqueira de Espadanedo, segundo Orde do 19 de abril de 2013.
- Modificacións puntuais de Planeamento xeral dos concellos da Illa de Arousa, Sarria e A Coruña.
- Planeamento de desenvolvemento do concello de Vigo.
- Plan de Sectorización do concello de Lalín.
- Estudos de detalles dos concellos de Oleiros, A Coruña (2) e Ferrol.
- Delimitacións de Núcleo Rural nos concellos do Corgo (2) e Dumbría.
Para maior comodidade dos usuarios nesta publicación aumentouse a resolución dos arquivos e no formato pdf é posible a busca textual.