O obxectivo da xornada é difundir entre os profesionais, empresas e institucións os avances tecnolóxicos e metodolóxicos que se están a producir nas características das Bases de Datos Xeográficas a nivel nacional, autonómico e local.
Dirixido a profesionais e empresas que realizan traballos sobre o territorio, técnicos de Concellos, Deputacións e administración autonómica, así como outros organismos e institucións que traballan con bases topográficas e cartográficas e público en xeral con interese no ámbito da produción e acceso á información xeográfica.
Lugar e data de celebración das xornadas:
Fundación Barrié
Cantón Grande, 9 15003, A Coruña
12 de setembro de 2016 de 9:30 a 14:00 h.
Máis información:
Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica –Delegación Territorial de Galicia
Edificio de Usos Múltiples, BCA28
Rúa Copérnico, nº6 Planta baixa, local 2
15008 –A Coruña
Telf./Fax: 981 141 159
Correo electrónico: galicia [at] coit-topografia.es (galicia[at]coit-topografia[dot]es)
Inscricións:
Antes do 10 de setembro de 2016 nesta ligazón.