A xornada está organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e nela ofrecerase unha visión das tecnoloxías para a xestion da información xeográfica, presentarase a nova base cartográfica galega (BTG10) e expórtanse os detalles do novo Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.
Trátase dun acto orientado á Administración Local, pero aberto a toda a cidadanía en xeral, e moi especialmente a todas aquelas persoas que traballan en temas relacionados coa cartografía e os sistemas de información xeográfica, tanto no eido público como privado.
Dado que o aforo é limitado, prégase a todas as persoas interesadas que confirmen a súa asistencia mediante un correo electrónico remitido a secretaria.iet [at] xunta.gal (secretaria[dot]iet[at]xunta[dot]gal) ou nos teléfonos 981 541 755/ 541 756.