Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís

Unha xornada para difundir as aplicacións de RPAs ou drones en traballos civís relacionados coa información do territorio, destinada a profesionais técnicos no contorno da información xeográfica e outros campos afíns ao territorio.

Os avances científicos e técnicos contribuíron nos últimos anos ao progreso da aviación permitindo a aparición de novos usuarios do espazo aéreo que reciben diversos nomes como RPAs (polas súas siglas en inglés, Remotely Piloted Aircaft), drones ou UAVs (Unmanned Aerial Vehicle).

Co obxectivo de difundir as aplicacións de estas aeronaves en traballos civís relacionados coa información do territorio, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do Instituto de Estudos do Territorio en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e a empresa galega CARTOGALICIA, pioneira no sector en España no uso destes vehículos, promoven unha xornada destinada a profesionais técnicos no contorno da información xeográfica e outros campos afíns ao territorio.

Esta xuntanza terá lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública o vindeiro 26 de novembro ás 10:00 horas.

Para asistir á xornada, inscribirse no correo electrónico scit.cmati [at] xunta.es (scit[dot]cmati[at]xunta[dot]es) ou no teléfono 881.99.96.93, indicando o nome e apelidos, organización ou empresa, email e teléfono de contacto.

A inscrición é gratuíta e as prazas están limitadas á capacidade da sala.

 
Documentos