Escalas medias

A cartografía de escalas medias contén a información básica de referencia que permite a xeolocalización do resto de información de carácter temático.

Esta cartografía é a axeitada para traballos e análises que precisan dunha visión máis xeral do territorio, unha comarca, unha provincia ou mesmo da totalidade de Galicia.

Os produtos xerados xorden da integración de información de diversas fontes, empregándose para a que nos ocupa, datos proporcionados polos departamentos responsables en cada materia, e despois de ser estes xeorreferenciados, actualizados e validados.

Para cada mapa aplicáronse as xeneralizacións cartográficas e de simboloxía axeitadas para cada escala e obxectivo.

Trátase dunha cartografía a escala variable próxima a 1/20.000 moi orientada a impresión nos formatos A0 e A1 co obxectivo de dispor unha mellor experiencia de lectura, e que nos vai permitir ter unha imaxe de conxunto de todo o termo municipal.

Escala A0 A1 Total
10.000 28 7 35
11.000 18   18
12.000 24   24
13.000 13   13
14.000 16   16
15.000 21   21
16.000 18   18
17.000 23   23
18.000 23   23
19.000 19   19
20.000 23   23
21.000 22   22
22.000 18   18
23.000 10   10
24.000 8   8
25.000 4   4
26.000 4   4
27.000 3   3
28.000 4   4
29.000 2   2
30.000 2   2
32.000 1   1
33.000 1   1
36.000 1   1
 

Cartografía das redes de transporte e asentamentos de poboación elaborada a partir da Base Topográfica de Galicia (BTG10) mediante procesos de xeneralización e simbolización das seguintes capas para a súa representación a escalas 1/100.000 e 1/50.000:

  • Altimetría
  • Estradas e ferrocarril
  • Edificacións e infraestruturas
  • Hidrografía
  • Límites administrativos

Engadíuse a toponimia axeitada á escala 1:50.000 correspondente a:

  • Concellos, parroquias e entidades de poboación
  • Hidrografía
  • Viais
  • Puntos e accidentes xeográficos importantes

Buscouse mediante estes mapas unha representación singular do territorio polo que transcorren os distintos camiños de Santiago. Esta cartografía xoga dalgún modo coa composición e, fundamentalmente, coa cor dando como resultado un produto visualmente arriscado tratando de que non só se vexan destacados os camiños, senón de que aparezan acompañados no seu percorrido polos elementos paisaxísticos e culturais máis destacados.