Medio natural

Neste epígrafe recollese a información xeográfica básica do Catálogo das Paisaxes de Galicia (Decreto 119/2016, do 28 de xullo. DOG n.º 160 do 25 de agosto de 2016) un dos instrumentos establecidos na Lei 7/2008, de 7 de xullo de Protección da Paisaxe de Galicia, que é o documento de carácter técnico que aborda a primeira fase do proceso de planificación de paisaxe.

A principal información dispoñible sobre os tipos e unidades de paisaxe que se atopan en formato .shp (Shapefile) pódese descargar desde o visor relativo a esta temática. 

A información referida a esta materia

  • Mapas Litolóxicos
  • Mapas Hidroxeolóxicos

pódese consultar desde o visor 2D e descargar tamén desde o centro de descargas.

Os espazos naturais protexidos ou as áreas protexidas por instrumentos internacionais protexidos e designados ou xestionados pola Comunidade Autónoma baixo as distintas figuras de protección previstas na normativa vixente, para a súa adecuada difusión da cartografía actualízanse cando se produce unha modificación oficial dos seus límites.

  • Rede Natura 2000
  • Rede Galega de Espazos Protexidos
  • Outros Espazos Protexidos
  • Reservas da Biosfera

As descargas destes conxuntos de datos poden realizarse dende o visor de conservación da natureza.