Esta serie cartográfica esta formada por un conxunto de mapas a escala 1:250.000 que cobren a totalidade do territorio galego. Ofrece unha temática variada que abrangue diferentes aspectos do territorio. O tamaño da cada folla é similar ao A0 e inclúe toda a extensión da comunidade autónoma na mesma. Estes mapas están publicados en formato PDF e pódense descargar nos seguintes enlaces:
Cartografía que mostra a rede de estradas, de ferrocarril e as entidades de poboación máis importantes.
Imaxes procedente do satélite Landsat 8, elaborada a partir da fusión entre a banda pancromática e as bandas multiespectrais do sensor OLI, obtendo unha imaxe cunha resolución de 15 metros de pixel. Se presenta como unha imaxe RGB resultado dunha combinación de bandas coñecida como Pseudocor Natural Siose. A imaxe foi tomada en agosto do ano 2013.
Imaxes procedente do satélite Landsat 8, elaborada a partir da fusión entre a banda pancromática e as bandas multiespectrais do sensor OLI, obtendo unha imaxe cunha resolución de 15 metros de pixel. Se presenta como unha imaxe RGB resultado dunha combinación de bandas coñecida como Pseudocor Natural SIOSE. A imaxe foi tomada en marzo do ano 2014.
Cartografía que contén a xeometría dos ríos, regatos, encoros, lagoas e marismas. Asociado a cada un destes elementos figuro o topónimo do mesmo.
Este documento é un subproduto do mapa litolóxico e basease no grao de permeabilidade establecido en función do tipo de rochedo e dos depósitos sedimentarios, determinado polas diferentes características dos materiais que compoñen a xeoloxía de Galicia. Reflíctese así mesmo, a rede de fracturación pola súa importancia como zonas de debilidade que favorecen a filtración e circulación das augas subterráneas.
Realizado en base ao mapa xeolóxico da serie MAGNA (IGME). Este mapa é unha síntese do mesmo, reflectindo a natureza xeolóxica do substrato galego, en función das súas características xeoquímicas, metamórficas, sedimentarias, etc... Esta cartografía posibilita coñecer os grandes grupos de litoloxías que compoñen o rochedo de Galicia, así como as grandes estruturas xeolóxicas que configuraron o relevo actual.
Cartografía das delimitacións parroquiais dos concellos de Galicia.
Constitúe un documento de traballo, a armazón desde a que se comezarán a elaborar os diferentes catálogos e directrices da paisaxe. Esta cartografía define unidades paisaxísticas homoxéneas nun territorio da complexidade do galego. A delimitación realizouse a partires da experiencia e a metodoloxía aplicadas no Plan do Litoral, e dun intenso traballo de campo dirixido polo catedrático da USC Augusto Pérez Alberti (ver: Estratexia da Paisaxe Galega)
Documento que mostra unha síntese da base de datos de ocupación do solo elaborada dentro do proxecto SIOSE. Os datos teñen a referencia temporal do ano 2011.
Elaborado a partir do procesado ráster dos datos de poboación de cada unha das parroquias referidos ao número e superficie ocupada das edificacións contidas nas mesmas.
Cartografía oficial que mostra a división en comarcas aprobada segundo o Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.