A Axencia Tributaria de Galicia pon á disposición de todos os cidadáns os medios para que estes poidan exercer o seu dereito a ser informados dos valores dos bens inmobles que vaian ser obxecto de adquisición ou transmisión conforme á Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria. O ano pasado realizáronse un total de 288.811 valoracións de bens por Internet.
A finalidade deste visor é poder consultar e obter toda a información relacionada cos valores dos bens inmobles. Neste sentido, permite representar xeograficamente unha ou varias referencias catastrais sobre múltiples capas de información territorial útiles para realizar unha correcta valoración. Esta información inclúe desde a ubicación (lugar ou parroquia); a ordenación urbanística; ferramentas de medida; superposición coa cartografía catastral ou mesmo fotos aéreas.
Aquelas persoas interesadas en consultar o novo visor público de bens inmobles da Axencia Tributaria de Galicia, poden acceder a través da seguinte ligazón.