Este documento sométese a exposición pública durante dous meses segundo se anunciou no DOG o pasado 12 de febreiro, e está dispoñible na páxina web do departamento. O texto conta entre os seus principais fitos co establecemento de 207 áreas de especial interese paisaxístico (AEIP) que constituirán a base para determinar a caracterización de solo rústico de especial protección paisaxística que recolle a nova Lei do solo, aprobada esta semana no Parlamento galego.
Para visualizar, analizar e descargar a información contida no Catálogo das Paisaxes, púxose en marcha un visor cartográfico que permite aos usuarios interactuar cos contidos a través de Internet. Pódese facer combinacións de diferentes capas de información, realizar buscas por referencia catastral ou coordenada, imprimir calquera dos mapas feitos e agregar servizos web de información xeográfica, ao tempo que permite a descarga da información xeográfica empregada na súa elaboración.
Esta ferramenta está accesible no enlace http://mapas.xunta.es/visores/paisaxe/.