Poñemos hoxe a vosa disposición os servizos de visualización da BTG2020:
para poder ser consumidos dende software SIX de escritorio ou empregarse como mapa de referencia en aplicacións de webmapping.
A licenza de uso é a CC by 4.0, polo que o usuario da licenza comprométese a citar mediante a fórmula «Base Topográfica cedida por © Instituto de Estudos do Territorio - Xunta de Galicia» como orixe e propietaria da información xeográfica fornecida ante calquera exhibición ou difusión dela, ou de parte dela ou de calquera produto que, aínda sendo de forma parcial, a incorpore ou derive dela.