A información contida na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia xestiónase de forma integrada e proporciona ás persoas usuarias o acceso, polo menos, aos seguintes servizos:
Servizo que permite a visualización dos limites administrativos das provincias, comarcas e concellos, así como as delimitacións do mapa de parroquias.
Servizo que permite a visualización da síntese litolóxica de Galicia, elaborado a partir de consultas realizadas sobre a base cartográfica xeolóxica obtida por dixitalización do mapa xeolóxico de España 1:50.000 (proxecto MAGNA) do Instituto Tecnológico y Geominero de España.

Servizo que permite a visualización da cobertura ortofotográfica (1 m/pixel) elaborada a partir do voo americano (Serie B, 1956-57).
Servizo que permite a visualización da cobertura ortofotográfica (25 cm/pixel) PNOA elaborada a partir do voo realizado o ano 2008 na metade oeste de Galicia.