A delimitación parroquial representada nos visores ata o de agora non tiña a escala suficiente para realizar moitos dos estudos requiridos, como tampouco recollía as modificacións existentes na información estatística oficial para as áreas urbanas. É por iso polo que estivemos a elaborar unha cartografía propia para este ámbito territorial empregando para iso distintas fontes de referencia como o Catastro do Marqués de Ensenada, mapas catastrais, traballos da concentración parcelaria, límites de montes veciñais en man común, censo de vivendas ou a información dos propios concellos, para xerar un conxunto de datos espaciais de entidades colectivas dende á que vincular a poboación.
En ningún caso a información sobre los límites pode considerarse como oficial ou supoñer que procede dalgún procedemento de deslinde. Pero consideramos que resulta un bo achegamento inicial para efectuar estudos de investigación neste sentido. Para a correcta interpretación da capa descargable deberase ter en conta o seguinte:
- Na relación entre parroquia (unidade territorial histórica) e entidade colectiva (unidade estatística), existe un 99% de coincidencia. Non sendo así nas parroquias sitas nas zonas urbanas, e que supoñen unha porcentaxe do 1% do total de parroquias/entidades colectivas (3.786 ).
- As parroquias que estaban no anterior mapa localizadas nas áreas urbanas desaparecen integradas co propio núcleo urbano. Para a delimitación de estas zonas, que representan menos do 1% das entidades colectivas existentes, tomouse como referencia o Censo de Vivendas, documento no que se vincula cada unha das vivendas existentes a unha determinada entidade colectiva.
Información descargable desde o centro de descargas.
Cartografía oficial que mostra a división en comarcas aprobada segundo o Decreto 65/1997, de 20 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o mapa comarcal de Galicia.
Información descargable desde o centro de descargas.
A información sobre habitantes foi extraída do Padrón de Poboación do ano 2019 e os límites e superficie de parroquias obtivéronse a partir do Mapa de Parroquias 1:25.000 do 2021.
Información descargable desde o centro de descargas.
A información sobre entidades foi extraída da BTG correspondente a versión do ano 2020 e os límites e superficie de parroquias obtivéronse a partir do Mapa de Parroquias a escala 1:25.000 do 2021.
Información descargable desde o centro de descargas.