Esta guía é un documento novo que se vincula ao procedemento de Declaración de Impacto Ambiental, acompañando ao Estudo de Impacto Ambiental, aínda que con natureza propia e suxeito a informe particular por parte da administración. En consecuencia publícase unha guía coa intención de axudar aos equipos redactores, axilizando os procedementos a través dunha documentación coherente co alcance da actuación e coa capacidade de acollida do territorio.
Revista de carácter científico, humanista, técnico e profesional, dirixida principalmente aos arquitectos, aos enxeñeiros de camiños, canais e portos e á comunidade universitaria. Este número está adicado ao porto exterior da Coruña.
Recopilación de textos sobre as estratexias para a xestión da franxa litoral do territorio.
Ademais dos nodos IDE, existen outras maneiras de acceder á información xeográfica mediante diferentes ferramentas web que permiten aos usuarios a visualización, consulta e descarga de datos cartográficos.
A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense ofrece información xeorreferenciada da provincia de Lugo a partir dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).
A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais de acordo a unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.
Con este xeoportal ponse á disposición do resto de administracións, empresas e cidadanía, a IDE temática da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia de Pontevedra.
A través deste medio poderase visualizar a información xeográfica e alfanumérica asociada á EIEL, descargala en diferentes formatos ou obter resumes de información por concello.