Publicado o WMS coa Ortofotografía Aérea 2007-2008
Publicado o Servizo Web de Mapas (WMS) da ortofotografía aérea do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) correspondente ao voo realizado entre os anos 2006 e 2008.
Publicado o Servizo Web de Mapas (WMS) da ortofotografía aérea do Plan Nacional de Ortofotografía Aérea (PNOA) correspondente ao voo realizado entre os anos 2006 e 2008.
Na última actualización da Web foi incorporado o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilamartín de Valdeorras, segundo a Orde do 13 de decembro de 2013, e o planeamento de desenvolvemento dos concellos de Laxe e Ponte Caldelas.
Incorporáronse tamén modificacións puntuais de planeamento de desenvolvemento do concello de Santiago de Compostela, o Plan de Sectorización do concello de Cambre e delimitacións de Núcleo Rural nos concellos de Becerreá e Lobeira.
Dispoñibles os WMS coa cartografía completa do Plan de Ordenación do Litoral correspondentes á Aprobación Definitiva. A cartografía publicada en WMS corresponde a: Planeamento Sectorial, Planeamento Urbanístico, Usos do solo e elementos para a valoración, Modelo Territorial, Modelo de Xestión, Ortofoto 1956-57 e Ortofoto 2007-08.
Está dispoñible a web de descargas da información xeográfica da Xunta de Galicia. A través do sitio web creado polo Instituto de Estudos do Territorio facilitarase a descarga de diferentes series cartográficas do territorio galego.
Publicado o Servizo Web de mapas (WMS) da ortofotografía aérea correspondente ao voo americano realizado entre os anos 1956 e 1957.
Está dispoñible o WMS das grandes áreas paisaxísticas de Galicia divididas en comarcas paisaxísticas elaboradas dentro da Estratexia da Paisaxe de Galicia.