Avance das ortofotografías do voo interministerial
Co obxecto de continuar coa mellora da base de información multitemporal existente na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia, dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vense de adxudicar o servizo para a obtención das ortofotografías históricas de Galicia correspondentes ao denominado voo interministerial, realizado entre os anos 1973 e 1986.