Exposición pública do Plan galego de cartografía e información xeográfica

O Plan galego de cartografía e información xeográfica ten por obxecto a determinación dos obxectivos e a coordinación das actividades cartográficas, a constitución e mellora permanente da Infraestrutura de datos espaciais de Galicia (IDEG) e o aproveitamento e a coordinación desta información coas políticas públicas sectoriais con proxección territorial.

Novo visor para a xestión de Poxas Públicas de Madeira

O pasado 18 de xuño veuse a presentar por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) a nova Plataforma Electrónica de Poxas Públicas de Madeira.

Esta plataforma facilita a tramitación electrónica das poxas públicas de madeira que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal allea nos montes que está a xestionar. Trátase dun servizo electrónico de poxas que permite:

Novos servizos de visualización Rest e WMS do PNOA10

Publícanse novas versións dos servizos de visualización (WMS) e (REST) dos concellos voados no 2018 e uns novos servizos para aqueles voados durante o 2019, neste proxecto de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, a través do Instituto de Estudos do Territorio e a Administración Local representada polos concellos de Ames, Betanzos, Cambre, Carballo, Fene, Lugo, Oleiros, Pontevedra, Teo e Sanxenxo, e no que se contou coa participación da Deputación da Coruña na edición do 2019.

Servizos REST:

Publicada nova web de acceso ao proxecto de imaxes e nubes de puntos de alta resolución

O Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, vén de publicar unha nova web de acceso ao proxecto PNOA 10_Galicia (ortofotos de moi alta resolución-trueortos). O obxectivo da nova web é optimizar a utilidade da información xeográfica como servizo público.