Actualizacións e melloras en varios visores
Actualizado o visor xeográfico básico coas seguintes melloras:
Incorporada no localizador das praias xunto coa táboa de mareas correspondente (servizo prestado por Meteogalicia) unha fotografía do voo oblicuo realizado para a elaboración do Plan de Ordenación do Litoral. Deste xeito disponse da información das mareas e unha vista da praia seleccionada.